Situm Technologies trunfa na primeira edición de Galicia Open Future
mércores, 25 de marzo do 2015
A colaboración entre o Goberno galego e Telefónica fixo
posible que o ano
pasado botase a andar Galicia Open Future, unha estratexia para potenciar o
emprendemento innovador dende a nosa terra, para o que se achegaron recursos e
ferramentas para o desenvolvemento de 50 proxectos empresariais innovadores,
asà como abrirÃa o acceso a un Programa de Incentivos á Excelencia Innovadora
en material TIC da Xunta que conta cun orzamento de 750.000 euros.
Tras o desenvolvemento deste programa que está plenamente integrado no novo centro de crowdworking na Cidade da Cultura, chega
o momento de facer balance, polo que veñen de facer pública a resolución
provisoria final da I Edición de Galicia Open Future, que tras 5 dÃas para presentar
alegacións pasará a ser definitiva. Polo momento conseguiron figurar entre os
tres mellores proxectos emprendedores Situm (con 8,15 puntos), Monet (7,90) e
Techonology for Automatic Parallelization (7,70), cunha ampla vantaxe con
respecto ao resto de iniciativas, polo que practicamente podemos dalos como
gañadores desta convocatoria, o que permitiralles recibir unha axuda de 25.000
euros a cada iniciativa, asà como a posibilidade de acceder a outras
facilitades económicas.
Lembremos que o proxecto emprendedor mellor situado en Galicia Open Future, Situm Technologies,
xa veu como se recoñecÃa o seu potencial na recente edición do concurso
Elevator Pitch Singularity University, no que se situaron entre as tres startups gañadoras.
- Situm Technologies vén de trunfar nun concurso organizado por Singularity University