Sanción de 400.000 euros a Exvagos2.com
martes, 19 de novembro do 2019
As autoridades continúan a xogar ao rato e ao gato co foro
ExVagos.com, que en
2016 fora bloqueado por operadores españois, para saltarse rapidamente os bloqueos
mudando de nome de dominio, e agora o Ministerio de Cultura e Deporte impón
unha sanción de 400.000 a exvagos.com, exvagos1.com e exvagos2.com pola
comisión dunha infracción moi grave da Lei de Propiedade Intelectual
consistente na reanudación de actividades ilÃcitas de vulneración de dereitos de
propiedade intelectual na Internet.
O Ministerio esixe o cesamento da actividade durante un ano e, de non producirse
de xeito voluntario, pedirase a colaboración dos provedores de acceso á Rede,
os servizos de aloxamento, os motores de busca e os servizo de publicidade que
suspendan os servizos prestados ao infractor.
Pero aÃnda que a sanción contra o responsable de Exvagos sexa grande, estamos a
falar dunha sanción administrativa contra un cidadán estranxeiro, que non
reside en España, e que ten servidores fóra do territorio europeo, polo que
semella que acontecerá o mesmo que con sancións anteriores.