Reclamacións a Movistar para que aposte dunha vez por todas polo galego
xoves, 3 de febreiro do 2011
Os operadores de telefonÃa móbil e os
fabricantes (non sendo R no primeiro caso e algún outro caso esporádico no segundo) teñen
unha boa materia pendente coa inclusión do galego nos seus produtos ou na
comunicación cos clientes. A cousa, lonxe de rematar, semella que vai a máis,
en parte porque está claro que o soño das grandes empresas é que todos os seus
clientes falen o mesmo idioma. Se o outro dÃa falabamos nesta web do caso de
Vodafone e o seu DictaSMS,
agora toca facelo da súa competidora, Movistar, a operadora dominante do
territorio español, teoricamente chamada a dar exemplo e moi pouco inclinada a
achegarse a nós na nosa lingua.
Asà nolo recorda A Mesa,
a través do seu presidente Carlos Callón, quen se dirixiu esta semana ao
presidente da Xunta, á presidenta do Parlamento e ao presidente da dita empresa
de telecomunicacións para pedirlles medidas precisas de apoio ao galego en tódalas
actividades que Movistar está a desenvolver na nosa terra. Segundo reflicten
medios como Galicia
Hoxe, o comunicado de Carlos Callón tamén se dirixiu ao secretario xeral de
PolÃtica LingüÃstica, departamento que ten un convenio de colaboración asinado
coa compañÃa de telefonÃa e que polo tanto ten potencial para esixirlle que se
respecten os dereitos dos clientes galegos. Para A Mesa, é unha mágoa que toda
a publicidade de Movistar sexa en catalán en Catalunya e aquà non poidamos ver
a nosa lingua por ningún recanto da súa estratexia de promoción. Amais, Callón
lembrou que o presidente de Telefónica, Guillermo Ansaldo, deu en 2008 o seu
compromiso para a inclusión do galego na páxina
web da compañÃa, cousa que aÃnda é unha materia pendente.