Por fin é posible usar Apple Pay coas tarxetas de Abanca
mércores, 24 de abril do 2019
Dende
Abanca confirmaron hai uns meses que no mes de maio tiñan
previsto que as súas tarxetas bancarias comezasen a operar a través de Apple
Pay, pero non haberá
que agardar ao mes que vén, e hoxe os principais bancos da rede Euro 6000 incorpóranse
á plataforma de pagamentos móbiles de Apple, de xeito que os clientes de tarxetas de
Abanca poden facer uso das mesmas a través de iPhone, iPad e Apple Watch.
Cómpre salientar que falamos dos clientes particulares de Abanca, xa que Abanca
Servicios Financieros aÃnda figura como unha entidade que incorporará Apple Pay
en breve.
Dende a entidade bancaria aseguran que Apple Pay é «o pagamento máis efectivo
sen efectivo», ao facilitar a realización de pagamentos electrónicos dun xeito
moi áxil e sinxelo. Dende un iPhone podemos premer dúas veces no botón lateral
e mirar a pantalla para empregar o Face ID para identificarnos e poder logo
pagar achegando o móbil o terminal de pagamento; no caso de termos un smartphone
con Touch ID chegarÃa con aproximar o móbil ao terminal de pagamento co dedo
posto no sensor de pegadas dixitais; e no caso do Apple Watch o procedemento
aÃnda serÃa máis áxil, e chegarÃa con premer dúas veces no botón lateral e
achegar a pantalla do reloxo o terminal de venda.
Apple Pay tamén pode empregarse para realizar pagamentos en aplicacións móbiles
(de aà que estea dispoñible para iPad) e incluso a través do navegador web Safari
(confirmando os pagamentos coa identificación biométrica do teléfono se non
contamos cun ordenador con Touch ID).