Abanca terá Apple Pay en maio

venres, 8 de febreiro do 2019 Marcus Fernández

Os sistemas de pagamentos móbiles están a ter unha implantación moi desigual, e como exemplo temos o caso de Abanca, entidade financeira que en xuño de 2016 tivo a honra de ser das primeiras en utilizar Samsung Pay e, pola contra, actualmente carece de Apple Pay, pero esta situación vai solucionarse proximamente se atendemos á información publicada por Applesfera na que aseguran que as quince entidades da rede Euro 6000 que non contaban co sistema de pagamentos móbiles de Apple van subir ao carro.
Actualmente só 3 das 18 entidades da rede Euro 6000 (Bankinter, CaixaBank e EVO) gozan de Apple Pay, e das restantes as primeiras en incorporar este método de pago serán Ibercaba e Abanca no mes de maio. No caso de Abanca a propia compañía tería comunicado a data de adopción de Apple Pay a un cliente, mentres que o resto de entidades non confirmou a información publicada por Applesfera.

Mensaxe publicada por Applesfera na que Abanca confirma que adoptará Apple Pay en maio

PUBLICIDADE