Os clientes de Movistar Fusión+ poderán gozar do que resta da Champions e da Europa League sen custo adicional

mércores, 27 de xaneiro do 2016 Redacción

Hai un par de semanas sabiamos que Movistar facíase cos dereitos do fútbol para as vindeiras 3 tempadas, quedando por coñecerse as condicións nas que os clientes actuais de Movistar+ poderían acceder na presente tempada aos contidos dos que actualmente carecía, a Champions e a Europa League, e finalmente a compañía anuncia que os clientes de Movistar Fusión+ recibirán os contidos destas competicións sen custo adicional durante os vindeiros meses.
Con esta incorporación Telefónica convértese no operador do mercado español coa oferta máis completa de fútbol: Liga BBVA, Liga Adelante, Ligas europeas (Calcio, Premier, Bundesliga...), Copa do Rei, partidos de clasificación de seleccións á Eurocopa 2016, e agora a UEFA Champions League e a Europa League.
A canle beIN Sports, que permite o acceso a todos os partidos das dúas principais competicións europeas de fútbol, estará dispoñible no paquete familiar tanto para novos como actuais clientes de Movistar Fusión+, en calquera das súas modalidades de velocidade (300 ou 30 Mbps), e tanto para as tecnoloxía de satélite como ADSL ou fibra. O usuario non terá que pagar ningún prezo adicional para ver os partidos de Champions e Europa League.
Tamén estará incluído na súa oferta o acceso á canle beIN Sports para todos os bares, restaurantes e cafeterías e que teñan contratado Movistar+ con Telefónica, en calquera modalidade de velocidade ou tecnoloxía de conexión.
Os clientes de Movistar+ tamén poderán gozar da canle BeIN Sports a través de Yomvi nos seus smartphones, tabletas, ordenadores...
Os clientes poderán acceder aos partidos de oitavos de final da UEFA Champions League que comezan o vindeiro 16 de febreiro, entre eles aqueles en os que están inmersos os tres equipos españois, Atlético de Madrid, Barcelona CF e Real Madrid. Tamén nos seguintes días os afeccionados ao fútbol poderán seguir as eliminatorias da Europa League, onde Athletic de Bilbao, Sevilla, Valencia e Vilarreal son os equipos españois en liza.

PUBLICIDADE