Oleiros informa da chegada de banda larga a 16 núcleos de poboación

luns, 25 de xuño do 2018 Redacción

O Concello de Oleiros vén de informar dos vindeiros traballos para estender a Internet ultrarrápida ás contornas rurais do municipio, uns traballos que se van levar a cabo ao abeiro de Plan de Banda Larga da Xunta de Galicia, impulsado pola axencia autonómica AMTEGA e de cuxas liñas estratéxicas, obxectivos e orzamentos falamos os días pasados dende Código Cero (por exemplo da subvención resolta en abril polo Estado e que concede 18,5 millóns de euros para impulsar os ditos despregues de redes avanzadas na nosa terra). En total, os traballos abranguerán 16 núcleos de poboación no municipio coruñés.
As localidades de Oleiros nas que están previstas as actuacións son: Lorbé, Agueiria, Augarrío, Breixo, O Couto, Lourido Pequeno, Sisaldo, Abeleiras de Abaixo, Campo da Vila, Fontes, A Xesta, Maianca, Agra da Pedra, A Gándara, Punxeiro e Xoez.

PUBLICIDADE