O Messenger de iOS simplifícase para gañar velocidade e reducir peso

luns, 2 de marzo do 2020 Marcus Fernández

O Messenger de Facebook converteuse nunha aplicación independente en 2011, pasando así a competir con plataformas como WhatsApp, e en todo este tempo foi recibindo numerosas funcionalidades, facendo que cada vez fose máis complexa e difícil de utilizar, e para que a experiencia de uso sexa mellor decidiron simplificar e redeseñar o Messenger de iOS a través do proxecto LightSpeed, do que os seus froitos comezan hoxe a chegar aos usuarios, que poderán gozar dunha aplicación que carga na metade de tempo e que ocupa a cuarta parte do espazo orixinal.
Temos así que o novo Messenger de iOS é unha ferramenta máis rápida, máis cativa e máis simple, o que redunda nunha experiencia de uso moito máis directa, atendendo así ás demandas dos usuarios.
Polo momento esta mellora da aplicación de mensaxería de Facebook só está dispoñible para iOS, descoñecéndose se para Android tardaremos moito en vez unha evolución semellante da correspondente app.

PUBLICIDADE