A aplicación de mensaxerÃa móbil de Facebook xa funciona en España
luns, 24 de outubro do 2011
A loita entre as aplicacións de mensaxerÃa
instantánea no móbil endurécese, e finalmente xa está dispoñible para España a
aplicación Facebook Messenger, tanto na
App Store para dispositivos como o iPhone e o iPod Touch, como para trebellos Android ou BlackBerry, de xeito que será posible
comunicarse cos nosos amigos de Facebook sen ter que entrar na aplicación
oficial do servizo e con funcionalidades optimizadas para o intercambio de
mensaxes.
O Facebook Messenger
permite enviar mensaxes instantáneas, chatear, recibir notificacións de
mensaxes entrantes, engadir a ubicación actual e fotografÃas ás mensaxes,
acceder ás mensaxes enviadas e recibidas de Messenger e Facebook, crear conversas
de grupo para facer plans, engadir máis amigos ás conversas de grupo e
controlar a configuración das alertas e a ubicación de cada conversa.
Esta aplicación pode supor unha seria ameaza
para plataformas como Whatsapp, pois a meirande parte dos usuarios deste tipo
de sistemas de mensaxerÃa paralelamente tamén son usuarios de Facebook, de
xeito que o Facebook Messenger permÃtelles unha experiencia integral máis
completa.