Turismo de Galicia actualiza varias das súas aplicacións móbiles de cara a Semana Santa
luns, 25 de marzo do 2024
Turismo de Galicia vén de implementar algunhas melloras nas ferramentas dixitais postas a disposición dos viaxeiros para coñecer Galicia coa intención de facilitar o seu uso e a planificación da súa viaxe á nosa terra, que se poden empregar xa actualizadas de cara a Semana Santa. En concreto, as aplicacións móbiles turÃsticas da Xunta teñen mellor xeolocalización e algunhas delas incorporaron a realidade aumentada.
AsÃ, melloráronse a aplicación móbil Turismo de Galicia (dispoñible para Android e para iOS), que inclúe información sobre aloxamentos pero tamén restauración, museos, festas… e permite explorar os recursos turÃsticos sobre o mapa no que se amosan os puntos de interese, asà como a aplicación móbil do Camiño de Santiago (dispoñible para Android e para iOS), que funciona a modo de guÃa de peto dos peregrinos con información útil de aloxamento e restauración e recursos, asà como información meteorolóxica necesaria para emprender o Camiño, dirección de centros de saúde e emerxencias, entre outras.
Xunto a estas aplicacións móbiles, están tamén dispoñibles para a súa descarga outras aplicacións turÃsticas máis especÃficas, como Sendegal (dispoñible para Android e para iOS), que promove e potencia a actividade do sendeirismo como unha forma de aproximarse aos espazos naturais e ao patrimonio etnográfico e monumental de Galicia, a través dos 120 sendeiros oficialmente homologados en Galicia. Inclúe planos de cada ruta, información sobre a súa lonxitude, tempo estimado do percorrido, perfil topográfico e outros datos de interese.
A aplicación Enoturismo de Galicia (dispoñible para Android e para iOS) facilita a visita aos viñedos e adegas das cinco denominacións de orixe a través da xeolocalización, incluÃndo información útil da súa historia e outros puntos de interese. Para os viaxeiros interesados na natureza e, en concreto, das aves, a aplicación Galicia Birding (dispoñible para Android e para iOS) permite coñecer os lugares máis apropiados para a súa observación con itinerarios especificamente deseñados a tal fin.
Todas estas aplicacións móbiles son de balde e están dispoñibles en galego, castelán e inglés. Ademais, Turismo de Galicia lembra que na súa páxina web toda a información útil para os desprazamentos e as viaxes de Semana Santa en Galicia está actualizada, tanto coa programación das nove Semana Santa de Interese TurÃstico, como toda a oferta complementaria de natureza, destinos urbanos, enoturismo asà como o Camiño de Santiago, entre outras.