Facebook Messenger permite facer chamadas de voz sobre IP en España

luns, 1 de abril do 2013 Marcus Fernández

En xaneiro a aplicación Facebook Messenger estivo a ampliar os seus servizos nos EE.UU. e Canadá, ofrecendo a posibilidade de realizar a través da mesma chamadas de voz sobre IP, ou sexa, para poder facer a través de Wi-Fi ou banda larga móbil con outros usuarios da aplicación sen consumir minutos do noso plan móbil de voz, e que dende hai uns días tamén está dispoñible dende España, coincidindo co lanzamento británico desta funcionalidade que está a espallarse internacionalmente, no que semella unha estratexia da compañía fundada por Mark Zuckerberg para evitar que aplicacións como Viber, LINE ou Skype gañen peso en plataformas móbiles (principal obxectivo da compañía de cara á súa expansión).
Para poder realizar unha chamada de VoIP a través de Facebook Messenger só hai que ir á pestana de información de contacto da persoa coa que desexemos comunicarnos e premer en “Llamada gratuíta” (opción visible se o noso contacto conta con Facebook Messenger no seu móbil).

PUBLICIDADE