Danse a coñecer os finalistas dos premios 2.0 do MexilOnseTuits

martes, 5 de xuño do 2012 Fernando Sarasketa

A iniciativa #MexilOnseTuits, congreso-festival galego sobre redes sociais que inclúe (entre outras cousas) un concurso de mellores iniciativas 2.0 do noso país, deu a coñecer esta semana aos tres finalistas de cada unha das categorías establecidas. Os gañadores, informa a organización, serán dados a coñecer o vindeiro 9 de xuño, durante a gala de premios que se vai desenvolver no Auditorio do Centro Social do Mar de Bueu (á que, por certo, están convidadas/os as/os seareiras/os das novas tecnoloxías da nosa terra).
Os responsábeis das iniciativas que acaden o máximo recoñecemento explicarán nesa cita a orixe e máis o desenvolvemento das mesmas; con posterioridade procederase a darlles divulgación e seguimento nos medios tradicionais e, por suposto, nos chamados 2.0.
Os Premios Galegos do Social Media, así se fan chamar estes galardóns, xurdiron no noso panorama TIC para recoñecer a innovación e a creatividade dos nosos traballos no eido da promoción dentro das diversas plataformas de comunicación social (Facebook, Twitter, Blogs, YouTube, etc).
Tralos galardóns, avaliando e estudando polo miúdo cada unha das candidaturas (achegadas por empresas de calquera tamaño, marcas, axencias de comunicación e publicidade, persoas a título individual), atópase un xurado composto por profesionais da primeira liña da vangarda 2.0.
Ao certame, tal e como sinalamos hai uns días dende Código Cero, presentáronse máis de 100 proxectos.
Os premios veñen da man de #MexilOnseTuits, que xa fixo saber na súa web os nomes dos finalistas:

1. Mellor axencia 2011
Tuapli
Naranjalimón
Elogia

2. Mellor blog de moda
Nyxstyle
Fashion-Low cost
Alicemadness

3. Mellor blog turístico
Vivir Galicia
Vagamundos
Mola Viajar

4. Mellor blog gastronómico
Recetas de Rechupete
O Bandullo
Uno de dos

5. Mellor blog informativo/cultural
Serantes
Manuel Gago
Briefing galego

6. Mellor campaña en canles sociais
Pizza Móvil
Gafa Vintage
Estrella Galicia

7. Mellor campaña low cost
Stabri
Sabor a Vida
Gafa Vintage

8. Mellor integración online/offline
Stabri
Mátalos de risa
Avexperience

9. Mellor video viral
Madre Films
Ah Moda
A Trincadeira

10. Mención Territorio Nacional
A petición de parte dos membros do xurado, e debido á gran disparidade das candidaturas presentadas nesta categoría, e debido tamén á dificultade de votar entre proxectos tan dispares, a organización do #MexilOnseTuits tomou a decisión de declarar deserta esta categoría.

PUBLICIDADE