Confírmase o arquivo da causa contra Naiadadonkey.com

xoves, 20 de maio do 2010 Marcus Fernández

O peche cautelar da páxina web Naiadadonkey .com tras unha denuncia de aDeSe en 2006 arquivouse en setembro do ano pasado, e agora un novo auto da Audiencia de Alacante confirma o sobresemento libre da causa por considerar que a páxina web en cuestión non albergaba obras protexidas por dereitos de autor, polo que a súa actividade non constitúe delito contra a propiedade intelectual.
Estamos así ante a sétima resolución firme que confirma que as ligazóns de Internet non constitúe delito, mentres que non hai ningunha no sentido contrario. Os casos que confirman a legalidade das páxinas de ligazóns a redes P2P serían Ajoderse, Todocaratulas, Sharemula, TVmix, Emule24h, Rojadirecta e Naiadadonkey.

PUBLICIDADE