BlackBerry confirma os seus malos resultados financeiros e os seus recortes de persoal
venres, 20 de setembro do 2013
- Imaxe da presentación dos primeiros móbiles con BlackBerry 10
A empresa canadense BlackBerry vén de facer públicos os seus
resultados preliminares para o trimestre que rematou o 31 de agosto, perÃodo no
que terÃan uns ingresos duns 1.600 millóns de dólares, o que serÃa a metade do
agardado pola compañÃa, o que supón un duro pau e confirmarÃa a mala saúde da
empresa, que só conseguiu vender 3,7 millóns de terminais telefónicos, dos que
a súa meirande parte foron dispositivos con BlackBerry 7 (polo que a confianza no
futuro de BlackBerry 10 vese bastante reducida).
BlackBerry agarda rexistrar entre 250 e 265 millóns de dólares en perdas
operativas (aos que haberÃa que sumar uns 950-995 millóns de dólares en
inventario de terminais), e confirma que a negativa situación levaralle a
prescindir de 4.500 traballadores (aproximadamente o 40%) e recortar moitos
outros gastos. Para intentar remontar a situación tamén centrarán os seus
esforzos no público corporativo e nos usuarios avanzados, para o que terán 2
dispositivos de alta gama e 2 de entrada, con modelos só táctiles ou con
teclado QWERTY, confiando tamén en que o novo BlackBerry Z30
poida dinamizarse o seu mercado de móbiles.
Estes anuncios están a prexudicar seriamente á imaxe de BlackBerry (e á súa
cotización bolsista), aÃnda que haberá que ver se a chegada de BBM
a Android e iOS a vindeira fin de semana é dabondo para depositar algo máis
de confianza na compañÃa que poderÃa atopar unha saÃda de centrarse en servizos
en vez de en produtos.