Agasol presenta un DVD con software libre para PEMES

martes, 6 de novembro do 2007 Raquel Noya

Agasol, a Asociación de Empresas Galegas de Software Libre, vai participar, mañá mércores 7 de novembro, na presentación dun DVD da Consellaría de Innovación e Industria que contén un recompilatorio de ferramentas informáticas para pequenas e medianas empresas do que xa falamos noutra ocasión.
O obxectivo deste soporte é divulgar as vantaxes funcionais e económicas do emprego do software libre e que as empresas desenvolvedoras de software coñezan as necesidades dos usuarios sobre as que deben enfocar a súa oferta. br> Deste xeito, o DVD Ferramentas Informáticas para a PEME, recompila diversas ferramentas informáticas de licenza libre e ponas ao servizo das pequenas e medianas empresas galegas para xeralizar o emprego deste tipo de aplicacións entre as mesmas.
Nesta xornada, na que Agasol se implica como interlocutor para poñer en contacto á Administracións cos empresarios, tamén se tratará de concienciar ás empresas sobre as vantaxes funcionais e económicas da aposta polo software libre e faranse demostracións dos programas que inclúe o devandito DVD.

PUBLICIDADE