Mancomun.org convoca ás firmas galegas para participar nun DVD de programas abertos para a vida empresarial

martes, 30 de outubro do 2007 Fernando Sarasketa

A plataforma mancomun.org, posta en marcha pola Consellería de Innovación e as comunidades de usuarios e desenvolvedores de software libre de Galiza, quere tirar partido dos programas de código aberto no eido empresarial e dos negocios. O motivo? As súas moitas vantaxes para as pequenas e medianas empresas, tanto no que se refire ó aforro en materia de pago de licenzas como no que atinxe ó respaldo que supón contar cunha comunidade enteira de deseñadores de software libre operando a tempo completo na Rede.
O caso é que para dar a coñecer estas vantaxes, Mancomun vén de convidar ás firmas galegas TIC a participar nunha xornada de traballo sobre o DVD Ferramentas Informáticas para a PEME, escolma de programas e servizos abertos que “cobren as necesidades comúns das empresas do noso país no emprego das novas tecnoloxías”, informou.
O encontro celebrarase en Santiago no Hotel Porta do Camiño, o día 7 de novembro e dará comezo ás 16.30 horas.
O programa de activades é o seguinte:
16:30 Recepción, entrega de material. Café ou té de cortesía.
17:00 Benvida e presentación da iniciativa a cargo de Helena Veiguela, directora xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, Consellaría de Innovación e Industria.
17:30 Demostración do DVD.
17:40 Mesa redonda sobre a iniciativa moderada por Xesús Manuel Benítez Baleato, Coordinador de Mancomun.org coa participación de:
· Helena Veiguela Martínez.
· Javier Vázquez, Presidente de AGASOL, Asociación Galega de Empresas de Software Libre.
· Francisco Rodríguez, membro do Grupo de Investigación de Ferramentas Abertas de Xestión Empresarial da ESEI de Ourense, Universidade de Vigo.
18:40 Posta en común da mesa co público asistente acerca do DVD das PEME.
19:30 Aperitivo e Viño Galego.

PUBLICIDADE