Ábrese a porta ao uso de dispositivos electrónicos durante todas as fases do voo

venres, 10 de xaneiro do 2014 Marcus Fernández

Tras a autorización para poder empregar dispositivos electrónicos persoais durante todas as fases dos voos comerciais por parte da Axencia Europea de Seguridade Aérea (EASA) chegou a hora de adaptar a lexislación española, e este xoves o Boletín Oficial do Estado publicou unha resolución do 20 de decembro de 2013 coa que a Dirección da Axencia Estatal de Seguridade Aérea fai o propio, permitindo que poida autorizarse o uso de dispositivos electrónicos durante as manobras de engalar e aterrar (aínda que no caso dos móbiles, estes deberán estar en modo avión).
Como excepción quedan os ordenadores portátiles, que durante o despegue e a aterraxe deberán estar gardados como equipaxe por motivos de seguridade (polo seu volume e peso).
De todos os xeitos cómpre matizar que o cambio da normativa non obriga ás compañía aéreas a permitir o uso de dispositivos electrónicos durante todas as fases do voo, senón que simplemente establece o procedemento para que estas poidan retirar a prohibición anterior, sendo as compañías aéreas as que deberán decidir a política a adoptar.

PUBLICIDADE