AC/DC estréase en plataformas musicais de streaming

martes, 30 de xuño do 2015 Marcus Fernández

Hoxe é o día no que bota a andar en probas, e de xeito limitado, o servizo de streaming de Apple, o que parece estar a marcar un antes e un despois para a industria discográfica, que está a ver como a entrada do xigante tecnolóxico pode supor aceptar definitivamente este modelo de negocio, o que leva a algúns artistas a modificar as súas posturas ao respecto, e ao igual que Taylor Swift acepta que o seu último álbum estea en Apple Music, a banda AC/DC sorprende aceptando que a súa música estea dispoñible en servizos de straming como Rdio, Apple Music e incluso Spotify, onde xa podemos atopar os seus álbums.
Lembremos que a banda australiana xa ofrecera moita resistencia para vender a súa música a través da Internet (entraron en iTunes hai menos de 3 anos), de xeito que a súa concesión ao streaming podería animar a outras formacións rexeitan tal modelo de negocio a ofrecer a súa música a través deste tipo de plataformas. Outras grandes formacións como Metallica, Led Zeppelin ou Pink Floyd xa ofrecen a súa música en streaming, mentres que grandes expoñentes como The Beatles aínda permanecen á marxe de plataformas como Spotify (pese a que chegaron a iTunes anos antes que AC/DC).

PUBLICIDADE