A publicidade en liña daralle as costas ás grandes redes sociais, segundo un estudo

xoves, 18 de xaneiro do 2007 Fernando Sarasketa

A Caravana Publicitaria

Moito se fala nas últimas semanas do éxito de redes sociais e servizos participativos como YouTube ou MySpace e, sen embargo, o sector da publicidade semella a piques de darlles as costas a estes espazos, se cadra por estar decote no centro da polémica (YouTube vén de armar unha boa na India co vídeo do striptease de Ghandi).
Así, segundo indica a compañía Screen Digest nun estudo, os internautas estariamos cada vez máis preto de sermos testemuñas dunha das esnafradas máis históricas da Rede: a das redes sociais de Internet, sitios que recibiron importantes capitais de risco e investimentos de moita envergadura e que aínda, con moi contadas excepcións (se cadra a de Rize, segundo se sinala en Wharton Universia, por exemplo), non acadaron beneficios.
Polo que se di na dita investigación, webs como as que citamos máis arriba van encamiñadas a absorber só un 15% dos orzamentos publicitarios. O resto do pastel iría a “páxinas máis profesionais”.

PUBLICIDADE