µTorrent adapta a súa interface web a Android e iPad

venres, 30 de xullo do 2010 Marcus Fernández

A interface web do µTorrent 3.0 xa funciona dende terminais con Android

O popular cliente da rede BitTorrent µTorrent non se conforma con ser o máis utilizado, e non cesa de incorporar innovacións e melloras, de xeito que os seus desenvolvedores levan un tempo traballando na súa versión 3.0, que xa conta cunha nova copia Alpha, para poder ir depurando as súas novidades, entre as que destaca a integración dunha interface web que permite utilizar a aplicación de xeito remoto sen ter que facer complicadas configuracións (utilizando coma ponte un apartado da páxina web do programa) e que incluso é agora compatible cos dispositivos con Android ou o propio iPad (tamén funciona perfectamente no iPhone). Deste xeito, podemos incorporar torrents e xestionar as descargas de xeito remoto, aínda que polo momento esta interesante funcionalidade só está dispoñible para a versión de µTorrent para Windows (aínda que é de agardar que en Linux e Mac OS X estea presente cando chegue a versión definitiva da aplicación).

PUBLICIDADE