miMovistar colle o relevo de Movistar Fusión

mércores, 4 de maio do 2022 Marcus Fernández

Os produtos Movistar Fusión están a renovarse até o punto de mudar a súa marca, de xeito que Telefónica propón agora como opción de contratación personalizable e flexible miMovistar. Estamos ante un novo portfolio global para o grande público no que os clientes poden elixir os produtos e servizos que precisen repartidos en diferentes territorios: miConectividad, miEntretenimiento, misFinanzas, miHogar, miBienestar.
Esta oferta parte da conectividade (Internet, voz e datos) á que o cliente pode ir sumando módulos que inclúan contidos de televisión e servizos de valor engadido como saúde, gaming e seguridade, para construír a fórmula máis completa e adaptada que o cliente queira.
Calquera das configuracións de miMovistar incluirá sen custo adicional, entre outros servizos, o novo router Smart Wifi, Conexión Segura e Movistar Cloud. Amais, calquera das opcións de conectividade de miMovistar incluirá tamén un dispositivo sen custo para o cliente, dun catálogo que irá en función da súa elección e que incluirá, aparte de smartphones, televisores, tabletas, ordenadores portátiles e reloxos conectados.
No futuro está previsto que miMovistar integre máis servizos como poderían ser Movistar Car/Moto, Movistar Money, Seguro de Hogar, Energía e outras opcións de conectividade.
Os actuais clientes de Movistar Fusión poderán optar por seguir coa súa actual tarifa ou pasarse a miMovistar e adaptar a nova tarifa ás súas necesidades.

PUBLICIDADE