iTunes 8 provoca pantallazos azuis en moitos equipos con Windows Vista

luns, 15 de setembro do 2008 Marcus Fernández

Diversos usuarios de reprodutores multimedia de Apple ao actualizar á última versión do software de iTunes para sincronizar dos seus contidos atoparon que baixo Windows Vista lles chegaba a aparecer unha das case xa esquecidas pantallas azuis da morte (ou pantallazos azuis) ao conectar o seu trebello musical ao ordenador, o que finalmente se solucionou, de xeito que os usuarios afectados deberán desinstalar o iTunes 8 e instalar unha versión corrixida.
De todos os xeitos resulta bastante preocupante que unha grande revisión dunha aplicación moi espallada non pase certos controis de calidade antes do seu lanzamento global, polo que non sorprende que se molestaran moitos usuarios que nunca viran un pantallazo azul baixo Windows Vista, e o descubrisen da man de Apple (empresa que presume de coidar máis os seus produtos).

PUBLICIDADE