iTunes 8 non funciona nos iPhone e iPod Touch liberados

xoves, 11 de setembro do 2008 Marcus Fernández

Trala presentación de Apple de esta semana a xente sabía que a aplicación de iTunes ía incorporar novidades para adaptarse aos novos dispositivos e para engadir funcións como as listaxes de reprodución Genius, pero o que non se agardaba era que a compañía de Cupertino aproveitase a ocasión para detectar os iPhone e iPod Touch que están liberados para dar un erro na súa conexión.
Deste xeito os iPhone que teñan software non oficial non poderán sincronizarse a través de iTunes 8, polo que os seus usuarios deberán empregar versións anteriores da aplicación ou agardar a que se publiquen versións crackeadas do programa (que se agarda que saian durante a vindeira semana).

PUBLICIDADE