eBay vende o 65% de Skype por uns 1.900 millóns de dólares

martes, 1 de setembro do 2009 Marcus Fernández

A aplicación de Skype permite a realización de comunicacións de texto, audio e vídeo

eBay Inc. anunciou hoxe o peche dun acordo para vender a súa división de comunicacións Skype nunha operación na que valoraron o negocio en 2.750 millóns de dólares, de xeito que o grupo investidor que emprendeu a adquisición controlará o 65% da compañía (pagando aproximadamente uns 1.900 millóns de dólares en efectivo).
Deste xeito, Skype recuperará a súa independencia, o que permitiralle saír ao mercado bolsista máis adiante, así como libera á compañía das ataduras que estaba a supor a súa integración en eBay despois da súa adquisición en 2005 por uns 3.100 millóns de dólares (considerada unha das peores operacións deste tipo, por pagar demasiado por un servizo que non chegaron a aproveitar en ningún momento).

PUBLICIDADE