Zoundry Raven, unha aplicación portátil para publicar en blogs

mércores, 6 de agosto do 2008 Marcus Fernández

Co editor podemos ver cómo van quedar os nosos artigos antes da súa publicación

Os usuarios que gusten de escribir artigos para os seus blogs dende ferramentas de escritorio (coma Windows Live Writer) teñen agora unha interesante opción, Zoundry Raven, que é unha aplicación de balde para a redacción, edición e publicación de blogs de pequeno tamaño que incluso se pode transportar nunha memoria USB.
Aínda que esta aplicación non é tan completa como a comentada de Microsoft, non precisa instalación e se pode transportar, o que resulta moi útil para os que queren levar consigo a ferramenta de edición e os seus borradores de xeito doado.
A aplicación é compatible tanto con Windows XP coma con Vista.

PUBLICIDADE