Zoom estrea un modo de visualización inmersivo

luns, 26 de abril do 2021 Marcus Fernández

Aínda que podemos ter a impresión de que a meirande parte das plataformas de vídeoconferencia en grupo están a imitar a Zoom para emular o seu éxito, esta vía de inspiracións funciona nos dous sentidos, e o modo Together de Microsoft Teams, que busca evitar a fatiga das xuntanzas multitudinarias dándolles unha forma máis natural (presentando aos participantes integrados nunha aula ou nunha mesa) chega finalmente aos usuarios de Zoom como Immersive View, característica que permite que grupos de até 25 participantes poidan visualizarse como un aula, unha sala de conferencias ou un lugar familiar no que quedar cos amigos, en vez de presentar a cada usuario dentro dun recadro independente.
Esta nova funcionalidade chega a usuarios de Zoom para Windows e macOS a partir da versión 5.6.3 da aplicación (en versións anteriores a xuntanza manterase nos modos de visualización tradicionais). No caso de haber máis de 25 participantes nunha xuntanza, só estarán integrados no escenario virtual 25, aparecendo o resto nunha tira de miniaturas, polo que non se recomenda a Immersive View para grandes grupos de usuarios.

PUBLICIDADE