Zegona adianta detalles do futuro de Vodafone

luns, 11 de decembro do 2023 Marcus Fernández

Zegona vai camiño de rematar a adquisición de Vodafone España, acordada a finais de outubro, e o presidente da compañía adiantou á prensa algúns detalles de como será a estratexia da compañía nos vindeiros anos.
Eammon O’Hare asegura que Zegona investirá 3.000 millóns de euros en Vodafone España nos vindeiros 4 anos, tendo como prioridade recuperar clientes e potenciar o seu operador de baixo custo, Lowi. Tamén insiste en que están encantados coa marca Vodafone, de aí que aceptasen mantela en España durante 10 anos.
O’Hare asegura que a infraestrutura de rede de Vodafone está infrautilizada, polo que non desbotan mellorar a velocidade ou incluso ofrecer prezos moi diferentes na liña do que fai Digi cos clientes que están na súa rede.
Tamén resulta rechamante a insinuación de que Vodafone podería chegar a ofrecer conectividade móbil a Digi dentro de 2 anos, cando caduque o seu contrato con Telefónica.
O que si deixou claro é que Vodafone non volverá a ofrecer LaLiga do xeito tradicional, pois abandonar ese guerra é cousa do pasado (o que non quita que poidan existir outros xeitos de contratar fútbol no futuro).

PUBLICIDADE