Zarpamos abre a súa convocatoria de captación internacional de startups

venres, 18 de setembro do 2015 Redacción

Hai dous anos durante o encontro Galicia Innovation organizado por Zarpamos, a aceleradora galega entrou en contacto con The Academic College of Tel Aviv; universidade privada israelí, especializada en startups de software e innovación, con experiencia de aceleración en máis de trescentas empresas. Ambas as entidades asinaron un convenio de colaboración en maio do 2014 co obxectivo común de fomentar a transferencia de coñecemento e a xeración de negocio, o que permite realizar a actual convocatoria de captación para startups en setembro deste ano, unha oportunidade para todos aqueles que queiran desenvolver a súa idea de negocio.
Para esta convocatoria os perfís de procura das startups son os seguintes: Fintech (ámbito financeiro), Health (ámbito da saúde), E-commerce, Turismo e Sector primario. Os motivos da selección destes e non outros ámbitos de negocio son comúns para ambos os países, aínda que por motivos diferentes en cada caso. Para o noso país sectores como o e-commerce e o turismo implican internacionalización, un obxectivo prioritario neste caso. Convén aclarar que a selección non é excluínte e poden presentarse outro perfil de candidatos e sectores, pero si se consideraron os cinco anteriores como ámbitos prioritarios.
Unha das prioridades fundamentais do programa é que as startups seleccionadas teñan unha clara vocación internacional, vontade de saír fose e ter unha visión global do negocio. A diferenza fundamental deste programa é que o apoio non se limita ao comezo da colaboración, senón que o que se pretende é crear un vínculo de talento entre aceleradora e empresa creada, xerando networking e sendo socios do proxecto. Cun obxectivo de lanzar dez empresas cada ano, nun prazo de tres anos Zarpamos sería partner de trinta empresas en total.
Os finalistas puideron amosar os seus proxectos ante mentores e <em>partners</em> do Concurso motiONA convocatoria pública de recepción de candidaturas abriuse o 16 de setembro, e as bases do programa pódense atopar na propia web de Zarpamos, finalizando o prazo de recepción de candidatos o 1 de novembro, iniciándose entón o proceso de selección de 30 proxectos elixidos polos mentores, empresas e grupos de capital que participan no proxecto.
Os candidatos deberán expoñer a súa idea en mesas de traballo que se celebrarán os días 10 e 11 na Coruña . Dunha primeira fase de selección, permanecerán 20 proxectos que estarán na aceleradora traballando de forma intensa o seu modelo de negocio, plan de viabilidade, debilidades... e que se someterán a unha peneira final na que se escollerá ás dez definitivas. As startups afortunadas gozarán de seis meses de aceleración con mentores de recoñecido prestixio nacional e internacional e dunha estancia de oito semanas na aceleradora Hatima da Universidade Privada de Tel Aviv.

PUBLICIDADE