Zara leva os seus catálogos ao iPhone

luns, 21 de decembro do 2009 Marcus Fernández

Dende Inditex están a apostar polo iPhone e o iPod Touch coma plataformas para achegarse máis aos seus clientes, e nos últimos días estrearon aplicacións para estes dispositivos dedicadas ás súas marcas Zara e Zara Home, de xeito que resulta doada e práctica a consulta do catálogo e as novidades destacadas tanto da marca de roupa para home, muller, mozos e nenos, como das tendas de complementos para o fogar.
A aplicación de Zara presenta tanto imaxes do catálogo prenda a prenda, como de xeito máis artístico (con fotografías de modelos vestíndoas) de xeito que podemos facernos unha boa idea do que atoparemos nas tendas físicas, mentres que a aplicación de Zara Home fai o propio co fogar, permitindo tamén a visualización de composicións fotográficas nas que podemos ver fotografías de habitacións vestidas cos produtos á venda, que incluso permiten a súa exploración a través do zoom para poder apreciar todos os detalles.

A roupa para o fogar pode verse agora na pantalla do iPhone e do iPod Touch

O catálogo infantil de Zara Home tamén está presenta na aplicación para iPhone

PUBLICIDADE