ZTE abrirá sede na Coruña o 15 de xullo

venres, 5 de xullo do 2019 Redacción

A compañía chinesa ZTE anunciou que este mes vai abrir centros en Xixón e A Coruña dende os que dar servizo aos seus actuais clientes en redes de telecomunicacións, así como para o despregamento de tecnoloxías 5G. A apertura no polígono coruñés de A Grela contará inicialmente cun cadro de 15 profesionais, antigos traballadores de R externalizados tras a fusión da compañía con Telecable.
O desembarco galego de ZTE será o vindeiro 15 de xullo, e con este novo centro buscará principalmente iniciar o despregamento da rede 5G de R na cidade herculina onde xa ofrece este tipo de tecnoloxía Vodafone.

PUBLICIDADE