YouTube xa repartiu 1 millón de dólares entre os seus colaboradores

xoves, 17 de abril do 2008 Marcus Fernández

Para evitar os conflitos xudiciais, dende YouTube decidiron repartir os seus beneficios achegados da publicidade coas creadores dos contidos que se publican a través do seu servizo de vídeo, o que afecta principalmente a entidades coma Universal Music Group ou a CBS, cos que aseguran que xa repartiron 1 millón de dólares.
Segundo parece, YouTube non paga do mesmo xeito a todos os autores que publican na súa web, polo que é posible que as corporacións estean conformes cos seus ingresos, mentres que os creadores independentes parecen ter claro que cobrar por número de visualizacións non é un bo negocio, e como exemplo temos que Yuri Baranovsky, creador da serie Break a Leg, asegura que só achegou 1.600 dólares por 2 millóns de visualizacións en YouTube, aínda que os resultados tampouco foron moi positivos noutras plataformas de vídeo: 100 dólares por 500.000 visualizacións en Blip.tv ou 500 dólares por 100.000 visualizacións en MetaCafe (que aínda non cobraron).
Os creadores deberán mirar de seguir os partidos doutros como Ask a Ninja, que por publicidade e mercadotecnia ten uns beneficios mensuais de 100.000 dólares, no que parece ser o maior éxito económico deste tipo de iniciativa audiovisual.

PUBLICIDADE