YouTube permite acompañar os seus vÃdeos co son das vuvuzelas
xoves, 24 de xuño do 2010
O persoal detrás de YouTube ten demostrado en numerosas ocasións ter un
grande sentido do humor, e nas últimas horas volveron a facer gala de tal ao
incorporar no seu reprodutor de vÃdeo unha icona cun balón de fútbol que ao premer
sobre a mesma inicia un molesto zunido emulando ás vuvuzelas que estes dÃas están tan de actualidade co gallo do Mundial
de Fútbol.
Mentres que o botón da vuvuzela está
pulsado resulta practicamente imposible entender o que din nun vÃdeo, e resulta
tan incómodo coma seguir os primeiros partidos de fútbol do Mundial (ao
parecer, nos seguintes encontros aplicaron varios filtros para minimizar os
escándalo sonoro do polémico instrumento
que é todo un perigo para a saúde auditiva dos seareiros do deporte rei).