YouTube aproba o reprodutor musical Muziic

mércores, 18 de marzo do 2009 Marcus Fernández

O creador de Muziic captado pola cámara do seu paiO mozo de 15 anos de idade, David Nelson, publicou un reprodutor externo para YouTube chamado Muziic, que violaría os termos de uso da API do portal de vídeos de Google e, tras atender as esixencias dos administradores de YouTube, conseguiu a aprobación para que esta ferramenta que busca un novo xeito de gozar da música dende o PC poida continuar a acceder a contidos en YouTube.
Dende Muziic tamén inciden no feito de que grazas á tecnoloxía de identificación de contidos de YouTube, a reprodución dos vídeos musicais compensaría aos seus autores, polo que sería unha das plataformas de reprodución musical legais a ter en conta.

PUBLICIDADE