Yes.fm repensa o seu negocio para non morrer de éxito

xoves, 23 de xullo do 2009 Marcus Fernández

Os servizos de música en streaming están a desprazar ás descargas a través de redes P2P, e unha destas plataformas españolas, Yes.fm, está a padecer unha crise profunda que lle levou polo momento a reducir a súa estrutura, cancelar temporalmente as subscricións e repensar o seu negocio, para poder relanzar o seu servizo no outono, pois na actualidade atoparon que os custos derivados de dereitos de autor que negociaran coas entidades de xestión eran excesivos, ata facer insostible o modelo de explotación (pois cada usuario de pago saía máis caro que a súa cota de abono).

PUBLICIDADE