Yes.fm leva a súa música ao iPhone

xoves, 26 de marzo do 2009 Marcus Fernández

A plataforma musical Yes.fm, que permite escoitar música comercial a través de streaming de balde dentro dun catálogo de máis de 165.000 álbums e 2,3 millóns de cancións, vén de estrear unha aplicación para o iPhone e o iPod Touch que resulta de especial interese por abrir toda esta oferta musical dun xeito rápido e doado e doado.
O uso desta aplicación é totalmente de balde, ofrecendo unha experiencia de uso moi semellante á da súa versión web, sendo capaz de operar tanto a través de Wi-Fi como por 3G, aínda que o servizo de balde ten certas limitacións, de xeito que para poder acceder a todo o catálogo musical de Yes.fm a calquera momento e en calquera lugar é preciso subscribirse por 3,95 euros/mes (ou 39,5 euros/ano).

PUBLICIDADE