Xuventude de Arteixo organiza un obradoiro online para youtubeiros locais

martes, 6 de abril do 2021 S. P.

O Concello de Arteixo, a través do seu Servizo Municipal de Xuventude, vai organizar unha actividade formativa para converter aos participantes (mozas e mozos de idades comprendidas entre os 12 e os 30 anos) en creadores e distribuidores audiovisuais. Trátase do Obradoiro Online de Youtuber e Videomarketing, que se celebra os días 17 e 24 de abril e 8, 15 e 22 de maio, en horario de 10.00 a 13.00 horas. O número de prazas será de 20. O prezo da actividade é de 10 euros e a inscrición pode facerse presencialmente no Departamento Xuventude (con cita previa a través do 981 659 180) ou mediante a conta de correo xuventude@arteixo.org.
O temario inclúe catro bloques: o primeiro cunha introdución ao vídeo-marketing e ao Youtube; o segundo sobre cámara, iluminación, son e escenografía; o terceiro sobre que publicar, como publicar e cando publicar; e o cuarto sobre o funcionamento de Google Claves do Algoritmo, sobre optimización SEO, sobre publicidade en Youtube e sobre estatísticas de Youtube Directos, entre outras cuestións.

PUBLICIDADE