Xornada sobre redes sociais na delegación coruñesa do ICOIIG
xoves, 18 de febreiro do 2010
A delegación
coruñesa do Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia (ICOIIG) organiza para
o vindeiro mércores, 24 de febreiro, de 18:00 a 21:00 horas, unha xornada sobre
Márketing en Redes Sociais, impartida
polo enxeñeiro industrial Alberto Lázaro Araújo, profesor na Escola de Negocios
Caixanova, no local da delegación local sito na rúa Alameda nº 30, 7º andar. A
inscrición para este relatorio é libre e de balde, debendo comunicarse con
anterioridade por teléfono (981 225 826), fax (981 210 216) ou correo electrónico.
Con esta iniciativa preténdese que os empresarios coñezan os cambios
tecnolóxicos e sociais que están a acontecer ao redor das redes sociais, entendan a oportunidade que
representan para os negocios en xeral e servizos profesionais en particular,
identifiquen as principais plataformas de redes sociais e dispoñan dunha
metodoloxÃa para o deseño dunha estratexia de redes sociais.