Xornada en Vigo para mellorar a competitividade das empresas mediante as TIC

luns, 18 de xuño do 2012 Raquel Noya

O vindeiro mércores, 20 de xuño, vaise celebrar en Vigo unha particular xornada dirixida a mellorar a competitividade das empresas, na que se lle mostrará ás persoas asistentes como xestionar os seus recursos e como aproveitar as TIC para mellorar a situación dos seus negocios.
A cita, que está a organizar PONS Patentes e Marcas Internacional xunto con Azteca Ingeniería e a Fundación PONS, terá lugar na sala de conferencias do Centro Social Novacaixagalicia, situado na rúa Policarpo Sanz.
A xornada ten como obxectivo ensinarlle ás empresas a “debuxar escenarios futuros, para xestionar o seu investimento en I+D”, e contará coa presenza, entre outros, do profesor Carlos Fernández Novoa, a quen acaban de elixir Académico de Número da Real Academia de Xurisprudencia e Lexislación.
O evento vai dirixido tanto ao persoal directivo como ao persoal técnico de empresas e institucións interesadas no desenvolvemento de actividades de I+D+i no seu seo.

PUBLICIDADE