Xorden problemas co S Pen do Galaxy Note 5
martes, 25 de agosto do 2015
De cando en vez xorden polémicas sobre smartphones de alta
gama nas súas primeiras semanas no mercado, dando conta de defectos de
fabricación como o AntennaGate ou o BlendGate dos iPhone, e nas últimas
horas parecÃan querer arroxar unha sombra semellante sobre o novo Samsung
Galaxy Note 5, dando
a coñecer un suposto fallo de deseño
que terÃa graves consecuencias para algunhas funcionalidades do terminal.
Falamos concretamente a rañura para inserir o S Pen, o lapis dixitalizador que
inclúe o Galaxy note 5, que presentarÃa a mesma resistencia ao introducir o
accesorio no teléfono ao dereito que ao revés, polo que usuarios despistados
poderÃan provocar que ao introducir o S Pen coa punta cara afora este se
atascase. AÃnda que en moitos casos isto non serÃa grava, en varias ocasións a
neglixente operación chegarÃa a quebrar o mecanismo dentro da rañura que
detecta se o lapis está enganchado ou non no teléfono.
Pero neste caso non estariamos nunha situación semellante ao AntennaGate (coa mala desculpa de Apple
asegurando que os usuarios collÃan mal
o teléfono), senón que o sentido de introdución do S Pen é algo detallado
especialmente no
manual do smartphone, advertÃndose incluso que introducir o lapis ao revés
poderÃa estragar o S Pen e o terminal.
En vista da resposta por parte de Samsung parece claro que o fabricante non
retirará terminais do mercado, pero o que non serÃa sorprendente é que redeseñasen
lixeiramente a rañura do lapis para evitar acumular incidencias cun smartphone
tan popular, especialmente entre o público corporativo.
- O manual do Galaxy Note 5 advirte dos problemas que pode provocar introducir o S Pen ao revés
VÃdeo no que amosan o problema detectado coa rañura do S Pen