Xesol e Situm, finalistas na competición internacional South Summit 2019
mércores, 7 de agosto do 2019
- O equipo de Situm nas instalacións do Edificio Emprendia no Campus Sur de Santiago
A
prestixiosa competición
internacional South Summit 2019, da que xa se coñecen os 100
finalistas, vai ter unha notábel presenza galega. AsÃ, amais
da participación de Appentra, de cuxa presenza no acontecemento
dimos conta a semana pasada dende Código Cero, tamén formarán
parte do mesmo Xesol Innovación e máis Situm. A primeira,
Xesol, foi
seleccionada polo seu importante labor na procura der respostas
avanzadas para o sector da mobilidade intelixente e os vehÃculos
autónomos e conectados, consistindo a súa metodoloxÃa en permitir
que as TIC minimicen ao máximo a marxe de erro dos condutores. A
segunda, Situm, foi quen de
desenvolver unha tecnoloxÃa de localización en interiores da máxima
eficacia, presente arestora nunha chea de aplicacións, lugares e
dispositivos.
As
iniciativas finalistas foron seleccionadas entre os máis de 3.700
proxectos presentados para a competición.
Un
comité encargado de proceso de avaliación
estivo formado por 150 expertos, que
tiveron en conta parámetros e caracterÃsticas como o nivel de
innovación de cada achega, a súa capacidade para adaptarse a
diferentes contornas e evolucionar no tempo (o que se coñece como
escalabilidade),
a súa capacidade interna para medrar,
o equipo de profesionais que participan no proxecto e o interese
investidor que
este pode xerar.
South
Summit é a maior
exposición empresarial do sur de Europa, que reúne as máis
prometedoras startups
e empresas e axentes de investimento
internacionais entre os dÃas 2 e 4
de outubro de 2019 en Madrid.