Xenet ofrece fibra e fixo por só 17,90 euros/mes
xoves, 14 de xullo do 2022
O
operador de baixo custo Xenet destaca por ofrecer distintas tarifas móbiles en
función de que queiramos gozar da cobertura de Orange ou de Movistar, pero tamén
impresiona a súa oferta de acceso á
Internet mediante fibra óptica, que parece ser a máis económica do mercado
ao ofrecer banda larga de 300 Mbps, teléfono fixo con chamadas ilimitadas a
fixos e 60 minutos a móbiles estatais e instalación e router Wi-Fi de balde por
17,90 euros/mes, coa única pega de que o servizo ten unha permanencia de 12
meses.
Xenet tamén ofrece un combinado de
fibra de 100 Mbps con 2 móbiles con chamadas ilimitadas (un con 20 GB de
datos e outro con 12 GB) por 25,90 euros, aÃnda que desta volta sen cota de
alta nin compromiso de permanencia.
Sorprende ver como este operadora consegue situarse nunha escala de prezos
inferior a Digi, Lowi, Simyo e outros operadores económicos sen ter que
recorrer a ofertas temporais, deixando caer que a alta competencia no sector
das telecomunicacións está lonxe de rematar.