Xbox Music permite reproducir a música almacenada en OneDrive

mércores, 18 de marzo do 2015 Marcus Fernández

Dende hoxe Microsoft facilita que poidamos gozar da nosa colección musical dun xeito máis versátil, xa que vén de ligar o servizo Xbox Music con OneDrive, de xeito que as música que gardemos no almacenamento na nube de OneDrive estarán dispoñibles dende a aplicación Música de Windows 8.1 e Windows Phone 8.1, así como en Xbox 360 e Xbox One. Esta nova posibilidade tamén pode empregarse vía web, de xeito que incluso podemos gozar da nosa colección musical persoal cando esteamos en equipos alleos ou en sistemas operativos distintos dos de Microsoft, sen ter que contratar servizos premium como Xbox Music Pass (que agora traducirase en 100 GB de almacenamento adicional para a música en OneDrive).
Esta nova solución é moi cómoda, xa que fai podemos subir a nosa colección musical a OneDrive para poder escoitala no ordenador, na tableta ou no smartphone, podendo crear listaxes de reprodución e incluso podengo gozar da opción de copiar os ficheiros musicais ao almacenamento local ou manter os ficheiros na nube e acceder aos mesmos mediante streaming.
Dende Microsoft lembran aos usuarios de Windows Phone 8.1 que para gozar destas novas prestacións precisan contar cunha conta en Xbox LIVE (que pode crearse totalmente de balde).

A aplicación de Música de Windows Phone 8.1 pode acceder agora á música almacenada en OneDrive

PUBLICIDADE