Xbox LIVE será de balde esta fin de semana
venres, 27 de novembro do 2009
Esta fin de semana os usuarios da Xbox 360 que non paguen
polo acceso a Xbox LIVE poderán
acceder de balde ao servizo coma se fosen usuarios Gold, de xeito
que poderán probar a experiencia de xogo en liña con millóns de usuarios de
todo o mundo, de xeito que poderán tirar proveito ao 100% de tÃtulos coma Mondern Warfare 2, Borderlands ou Left 4 Dead 2,
que teñen na experiencia en liña a meirande parte das súas virtudes.
Aparte do xogo en liña de balde, e para converter esta promoción en toda unha
festa chamada Xtival Winter 2009,
Xbox LIVE ofrecerá aos seus usuarios un vÃdeo exclusivo da xira de Tiësto polos
EE.UU. e varias entrevistas ao coñecido DJ, escenas do vindeiro DVD de
Metallica ou concertos completos de Run DMC ou ZZ Top. Tamén estrearase en
primicia un trailer de 4 minutos da pelÃcula Avatar.