Xa se pode descargar de balde o último disco dos Nine Inch Nails

luns, 5 de maio do 2008 Marcus Fernández

O novo disco dos Nine Inch Nails, The Slip, xa se pode descargar de balde a través da Internet en MP3 de alta calidade (87 Mbytes), FLAC sen perda (259 Mbytes), M4A Apple sen perda (263 Mbytes) e WAVE 24/96 de alta definición (1,2 Gb), incluíndo tamén un ficheiro PDF co libreto do disco, o que agradecerán os que non queiran agardar a xullo para o lanzamento do disco en CD e disco de vinilo.
O álbum consta de 10 títulos que suman unha duración de 43 minutos e 45 segundos, e o grupo anima aos seus seguidores a mesturar as súas cancións, compartilas coas seus amigos, publicalas nos seus blogs ou reproducilas nos seus podcasts. Un caso máis de aproveitamento da Internet coma plataforma de lanzamento de novos discos que permite ás bandas musicais desligarse das discográficas para acadar un contacto máis directo co seu público.

PUBLICIDADE