Xa pódense usar os mandos da PS3 no PC

luns, 12 de xaneiro do 2009 Marcus Fernández

Os usuarios da PlayStation 3 que gocen da experiencia de xogo acadada co seu mando, poderán trasladala ao PC grazas aos controladores para Windows desenvolvidos por un xaponés, que permiten facer funcionar os mandos DualShock 3 e SIXAXIS (incluíndo as súas funcións de vibración) no ordenador ao que se conecten por USB.
O controlador ten unha versión normal e outra DX (que se poden utilizar indistintamente) aos que hai que incorporar un controlador do Force Feedback para soportar a vibración e mesmo contan cunha aplicación para axustar certas configuracións.

PUBLICIDADE