Xa podemos votar online polos carballos de Boqueixón e Pontevedra nas súas candidaturas a Árbore de España 2023
xoves, 10 de novembro do 2022
Dende este 10 de novembro e até o 10 decembro imos poder votar en liña polas candidaturas de Boqueixón e Pontevedra á Árbore de España 2023: o Carballo de Gregorio e máis o Carballo de Santa Margarita, respectivamente. As votacións xa están abertas en vía web.
O Carballo de Gregorio
- O Carballo de Boqueixón
O
Concello de Boqueixón presentou a candidatura desta árbore
centenaria que preside a veiga de Sergude, no lugar de Rodiño
Grande. A candidatura foi aceptada pola organización Bosques sin
Fronteras, que convoca este certame para “significar e poñer en
valor árbores que, por distintas características, son merecedoras
dun recoñecemento e respecto social”.
O
alcalde, Manuel Fernández Munín, fai un chamamento á mobilización
“non so da veciñanza de Boqueixón senón de todas as persoas que
amamos a natureza a prol do Carballo de Gregorio, unha auténtica
reliquia botánica vencellada tanto á capela de San Bieito de
Sergude como ao Pico Sacro e toda a súa mitoloxía e lendas
relacionadas co mito Xacobeo. Non en van, tanto peregrinos como
camiñantes sempre se acolleron baixo a súa sobra e continúan
facéndoo”.
O
Carballo de Gregorio conta cunha altura de 25,5 metros e un tronco
cun perímetro de 4,27 metros. Descoñécese con exactitude a data da
súa orixe, se ben se calcula que ten arredor de 110 anos. Dende
sempre estivo vencellado ao seu propietario, José Torres, da Casa de
Secundino. De feito, a árbore toma o seu nome da antiga taberna que
había no lugar: Casa de Gregorio.
O
seu arraigamento entre a veciñanza é tal, que durante o século
pasado arraigou un peculiar ritual na zona: a veciñanza soterraba
aló aos seus animais domésticos falecidos nun intento de darlle
forzas e impulsar o seu crecemento. Esta xoia botánica de Boqueixón
ten superado moitos problemas ao longo da súa existencia. En
primeiro lugar, por estar emprazado nun antigo camiño, ao pé dunha
estrada. Isto fixo que a súa base se vira afectada tanto polo
asfalto como pola beirarrúa que o rodea. Incluso o seu propietario
tivo que preitear para evitar a súa corta. Con todo, non puido
evitar que anos máis tarde se lle cortaran varias pólas durante a
construción da Alta Velocidade Ferroviaria, pois o seu tamaño era
tan grande que impedía o paso aos vehículos co material de
construción dos viadutos.
Icónica árbore pontevedresa
- O Carballo de Santa Margarita de Pontevedra
A
candidatura
do lendario Carballo de Santa Margarida foi posíbel grazas á AC do
Sentir do Carballo de Santa Margarida, tras dous anos de
traballo, e forma parte dun conxunto de accións encamiñadas a
visibilizar e poñer en valor o histórico carballo, como un dos
exemplares icónicos do patrimonio natural de Pontevedra e Galicia.
Xa
Frei Martín Sarmiento se referiu a el como “Santa Margarida, do
Monteporreiro, que ten o carballo maiore do Reino”; e hoxe en día
é o ser vivo máis vello da cidade. En palabras do Concello,
“constitúe un símbolo por si mesmo, foi e é fonte de inspiración
de artistas, ademais de protagonizarse baixo a súa sombra mancheas
de acontecementos históricos”. Por outra banda, constitúese como
testemuña de vida de xeracións e xeracións das xentes de
Pontevedra e de Galicia, presente en moitos momentos das nosas vidas
e nas lembranzas de avós e netos.
O
concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural, Iván
Puentes, amosou a súa “absoluta satisfacción” tras coñecer que
o centenario carballo, símbolo, patrimonio e orgullo de Santa
Margarida e de Pontevedra, foi elixido para competir con outras sete
árbores para representar a España no certame Árbore Europea do Ano
2023. “A pesar dos achaques da idade e das recentes podas de
emerxencia que se lle fixeron para aliviar os problemas de sobrepeso
nas súas pólas, a súa beleza e incalculábel valor material e
inmaterial convérteno nun exemplar absolutamente merecedor deste
galardón. Para conseguilo, é necesario que, ao igual que o Concello
de Pontevedra, toda a cidadanía apoie esta candidatura e entre a
votar de xeito masivo”, sinalou Puentes.
Máis candidaturas
Unha
vez superada a fase de selección por parte do xurado de Bosques sin
Fronteras, o Carballo de Gregorio e o Carballo de Santa Margarita
competirán pola distinción como Árbore de España 2023 con o
Carballo de Cornellana (Asturias), o Castiñeiro do Tío Trazas Los
Santos (Salamanca), o Olmo de Montaña de El Rasillo (La Rioja), o
Moral de Villoviado (Burgos), o Piñeiro Gordo de Vilafor de Chasna
(Santa Cruz de Tenerife), a Aciñeira do Monte de la Redonda
(Cantabria) e o Plataneiro Biar Biar (Comunidade Valenciana).
Dende
hoxe, xoves 10 de novembro e ata o vindeiro 10 de decembro, abrirase
a votación en www.arbolybosquedelaño.es.
Só
se admitirá 1 voto por conta de correo e 5 votacións por dirección
IP do ordenador. Bosques sin Fronteras dará a coñecer a árbore
gañadora o vindeiro 20 de decembro.