Xa está operativa a banca electrónica unificada de Novacaixagalicia

mércores, 17 de agosto do 2011 Redacción

A unión de Caixa Galicia e Caixanova tivo que superar máis atrancos que unha fusión corporativa, pois é preciso integrar as plataformas tecnolóxicas de ambas entidades, pero o proceso parece ir a bo ritmo, xa que tras a creación da páxina web de Novacaixagalicia, onte mesmo puxeron a operar a súa banda electrónica común para clientes particulares, aproveitando que nestas datas hai pouca actividade en Galicia (o luns era festivo estatal e o martes festivo local en Vigo e Compostela).
Caixa Galicia foi a plataforma que se tomou como base para o novo servizo de banda a distancia que unifica o seu acceso (a través da nova web), inclúe dispositivos para servizos de telefonía móbil e unifica a oferta de produtos da entidade (aínda que cómpre destacar que mudan os seus números de identificación). Os nomes de usuario e contrasinais do servizo non mudan con independencia da entidade de orixe.
A unificación das plataformas tecnolóxicas das caixas galegas complétase así 9 meses antes do previsto sen «apenas incidencias».

PUBLICIDADE