Wuaki.tv permite visualizar contidos sen conexión á rede

venres, 11 de setembro do 2015 Redacción

O servizo de cinema en streaming Wuaki.tv vén de dar a coñecer unha importante novidade de uso e accesibilidade sobre o seu catálogo de películas e series: a partir de agora, os usuarios poderán descargar os seus contidos en dispositivos iOS e en determinados trebellos con Android, o que lles vai permitir visualizalos mesmo sen conexión a Internet (até o de agora, a plataforma de Wuaki.tv baséase no streaming con conexión). Segundo informan os responsábeis da empresa, este engadido fai que o servizo sexa quen de sacarlle terreo á competencia. E máis, sinalan, “se se ten en conta que coa nova prestación os usuarios poderán ver filmes e series coa mesma calidade de reprodución dende calquera recanto no que se atopen”.
función, iso si, aínda non está dispoñíbel para a maioría das plataformas de VOD. Para os usuarios que si que poidan tirar partido do engadido, sinalar que a taxa de contidos aos que abrangue esta función é arestora do 90%. Estes filmes e series amosan un novo botón de Descarga que aparece ao carón da opción Ver agora unha vez que realizamos a venda ou o aluguer do contido seleccionado. Desta maneira, sinala Wuaki.tv, poderemos comprobar se está dispoñíbel a opción de descargar antes de facer calquera outra operación. O servizo está operativo para todos aqueles dispositivos Apple cun sistema operativo iOS 7 ou superior, incluíndo iPhone, iPad e iPod Touch, así como para determinados dispositivos Android. A firma seguirá traballando para ampliar a gama de dispositivos Android con funcionalidade offline.

PUBLICIDADE