Wordpress lanza oficialmente a súa versión 2.7

xoves, 11 de decembro do 2008 Marcus Fernández

O software de publicación de blogs máis popular na web é sen dúbida o Wordpress, e os seus usuarios poden gozar finalmente da súa versión 2.7, alcumada coma Coltrane na honra do clásico saxofonista norteamericano, á que se pode actualizar mediante o método de costume, e que incorpora numerosos cambios: arrastrar e soltar os distintos módulos do panel de control, comentarios aniñados, paxinación de anotacións, responder comentarios dende o panel de control, posibilidade de instalar engadidos nun único clic e fixar anotacións importantes.
A meirande parte destas innovacións afectan especialmente ao administrador dos blogs, que ve facilitada a súa labor diaria e poderá gozar de maior personalización do panel de control, como podemos ver no seguinte vídeo:

PUBLICIDADE