WordPress 3.8 en galego incorpora finalmente o sistema de actualizacións de seguridade automáticas
xoves, 12 de decembro do 2013
Finalmente publicouse a versión
3.8 de WordPress, coa súa correspondente localización ao galego, o que
supón a consolidación de numerosos cambios neste popular xestor de contidos
para a web que hai tempo que deixou de empregarse só para blogs, e xa é o CMS
máis empregado globalmente para todo tipo de páxinas web. Un dos grandes
cambios de WordPress 3.8 é que na súa versión en galego xa podemos gozar do
sistema automático de actualizacións de seguridade, o que permite que os
administradores de espazos baseados en WordPress poidan estar máis tranquilos,
á vez que contribúe a manter una Internet máis segura (evitando a proliferación
de webs infectadas por distintos tipos de malware
e afectadas por outras malas prácticas).
WordPress 3.8 presenta un novo deseño moderno, cunha tipografÃa limpa e un
contraste refinado, que busca adaptarse ao maior número de dispositivos posible
(de xeito que poderemos xestionar comodamente as nosas páxinas web dende un
ordenador, un smartphone ou un tablet), facilita a xestión de widgets e estrea
o tema Twenty Fourteen, que presente un elegante estilo de revista.